Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Tanxugueiras
Difundir o artigo en Cabozo

Tanxugueiras


Autor
Tanxugueiras
Empresa
Ano
2018
Referencia
tanxugueiras
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
12,99 €
Valoración
0 puntos

Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro son tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que en xaneiro de 2016 dan un paso máis no seu soño de amosaren na escena musical galega todo o aprendido, recollido e herdado das nosas avoas, dándolle vida ao proxecto Tanxugueiras.

A simpatía, enerxía e forza de Tanxugueiras sobre o escenario non pasa desapercibida, e durante este tempo xa contan con colaboracións con artistas como Xabier Díaz ou coa Banda das Crechas no coñecido Festival Celtic Connections de Glasgow, de onde saíu un dos seus vídeos convertidos en virais que revolucionou as redes sociais para confirmalas como grandes promesas do Trad feminino e demostrando que a música tradicional continúa a abrir novas fronteiras de son, escena e público.

Temas:

1 – Ai a ribeira
2 – Non cho sei
3 – Aldeiña de Moscoso
4 – Bembibre
5 – Tanxugueiras
6 – A de sempre
7 – En Piornedo
8 – Hermillans
9 – Que non mo neguen
10 – Oleró
11 – Glasgow



Onde conseguir esta proposta

Listaxe de establecementos onde se pode adquirir.