Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Antonio Fraguas. Mestre da memoria
Difundir o artigo en Cabozo

Antonio Fraguas. Mestre da memoria


Autor
Malores Villanueva
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
978-84-9151-310-0
ISBN
978-84-9151-310-0
Idade
De 13 a +18 anos
PVP rec.
10,70 €
Valoración
0 puntos

Antonio Fraguas foi un notario de realidade, un coñecedor do seu pobo e un investigador incansable da cultura de Galicia. O seu paso polo Seminario de Estudos Galegos, polas Irmandades da Fala o polo Partido Galeguista asentaron nel o ideario político, mais, sen dúbida, foron as súas reíces profundas de estirpe labrega as que máis o marcaron. Malores Villanueva achéganos nesta biografía a vida e a obra de antonio Fraguas cun estilo áxil, nun relato ateigado de anécdotas que non renuncia ao rigor documental. A súa lectura é unha viaxe polo século XX da man do persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2019. O seu labor investigador, a súa entrega á docencia, as súas facetas de primeiro locutor de radio ou de director do Museo do Pobo Galego, incluso a súa incursión cinematográfica, son algunhas páxinas. Velaquí o retrato de que coa súa palabra e a súa obra traballou “sempre por e para Galicia”.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.