Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Castelao. Construtor da nación
Difundir o artigo en Cabozo

Castelao. Construtor da nación


Etiquetas
Autor
Miguel Anxo Seixas Seoane
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
castelaobiografia
ISBN
978-84-9151-318-6
Idade
+18 anos
PVP rec.
45,00 €
Valoración
0 puntos

O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista.

Velaquí o primeiro volume dunha biografía monumental, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública xunto a actualidade da época.

Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.

1336 páxinas.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na páxina web da editorial.