Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Antonio Fraguas. A cultura como forma de vida
Difundir o artigo en Cabozo

Antonio Fraguas. A cultura como forma de vida


Autor
Nieves Herrero / María Xesús Nogueira (editoras)
Empresa
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
978-84-17595-13-5
ISBN
978-84-17595-13-5
Idade
+18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

O Día das Letras Galegas de 2019 apela á memoria dun intelectual, investigador e docente vocacional e xeneroso que, malia puntuais incursións nos estudos literarios e mesmo na creación, consagrou a súa vida a disciplinas das ciencias sociais e humanas como a historia, a xeografía, a arqueoloxía e, de maneira destacada, a especialidades situadas no eido da antropoloxía sociocultural, como a etnografía e o folclore. Nos traballos que inclúe este volume, a tradición etnográfica, a oralidade e a literatura popular -campos vizosos da cultura galega- fúndense coa experiencia vital para ofrecer unha visión completa e novidosa de Antonio Fraguas e a súa inxente herdanza.

266 páxinas.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña do Servizo de Publicacións.