Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Ardearte-Camiño de Santiago-Sarria
Difundir o artigo en Cabozo

Ardearte-Camiño de Santiago-Sarria


Empresa
Categoría/s:
Referencia
ardeartesarria
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
5,80 €
Valoración
0 puntos

Mexillón AR DE ARTE, o marisco galego que te mereces.

Como nunha lata tan pequena pode caber tanto sabor? Pois… O noso mexillón vén das Rías Baixas e cultívase en bateas, un sistema autóctono tradicional que respeta o crecemento natural deste manxar.

Cada peza selecciónase pola súa calidade, límpanse e enlátanse a man un a un. Frítense o xusto para dar unha consistencia e textura únicas, apreciable en cada bocado. O seu suave escabeche elabórase seguindo receitas tradicionais, con ingredientes 100% galegos e naturais.

Lata de mexillóns (12/16 unidades) ilustrada por Celsius Pintor e que representa a etapa do Camiño Francés da cuncha, un dos máis recoñecidos símbolos da peregrinaxe.

Na ilustraciòn alúdese ao famoso cadro do “Nacemento de Venus”, de Boticcelli.  Venus, deusa protectora dos  peregrinos que se dirixían cara a Occidente, é simbolizada a través da cuncha de vieira e das fértiles augas de entre as que xorde o famoso fito dos 100 kms… Etapa desde a que poder conseguir a credencial, a “Compostela”!  Os dous bastóns cruzados sobre  o fito pretenden amosar a unión do pasado e do futuro do Camiño.

Forma parte da colección "Camiño de Santiago" que é posible conseguir conxuntamente canda outras tres latas.



Onde conseguir esta proposta

Puntos de venda

Santiago de Compostela
Jose Bermúdez Gourmet
O Caravel gourmet
Carro ultramarinos
O Camiño empeza agora
A Atlántica
Delicarium boutique
Fisterra
O semáforo de Fisterra
Carballo
Adega O lagar
Sarria
Azafrán delicatessen

Ademais, tamén é posible atopar este produto nalgúns dos mellores hoteis e casas rurais de Galicia tales como: Hotel do banco azul - Fisterra Hotel Alén do mar - Fisterra As casas do retratista - A Pontenova Rectoral de Goián - Sarria