Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » As mulleres da fin do mundo
Difundir o artigo en Cabozo

As mulleres da fin do mundo


Autor
Daniel Asorey
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
978-84-9121-497-7
ISBN
978-84-9121-497-7
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
17,50 €
Valoración
0 puntos

Rebeca observa dende a xanela do seu cuarto a destrución da Capital do Mundo e emprende unha marcha na procura da supervivencia. Fóra de Muros, Blau, muller por decisión propia, lidera o seu pobo nunha revolta contra a inxustiza e a desigualdade. Moi lonxe, nunha terra invadida e desangrada pola guerra, Faheema observa como un helicóptero imperial cae abatido na base do lexionario Tichborne, soldado alistado nunha guerra sen final. Elas e el sobreviven nun mundo que agoniza, aparentemente dirixido polo Supremo Líder, Albert Sabaf. A partir desa diversidade de espazos, todas e todos acabarán por confluír nunha historia en que as mulleres han loitar por construíren o futuro. "As mulleres da fin do mundo" é unha novela de Daniel Asorey que nos deixa sen alento.

248 páxinas.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na desde a páxina web da editorial.