Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O meu pecado mortal
Difundir o artigo en Cabozo

O meu pecado mortal


Etiquetas
Autor
Clara Campoamor
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
votofeminino
ISBN
978-84-9151-347-6
Idade
+18 anos
PVP rec.
23,00 €
Valoración
0 puntos

Grazas á sabia decisión de Clara Campoamor de escribir a súa versión da aprobación do voto feminino na Segunda República, as mulleres e os homes comprometidos coa erradicación dos privilexios de xénero de século XXI contamos cun legado excepcional do que aprender, para continuar coa loita pola eliminación da subordinación feminina á que ela serviu con tanta honradez e dignidade.

Das moitas cousas que nos ensinou esta interesante muller subliñaría dúas. que a batalla pola emancipación feminina nunca se pode dar por gañada, ou que, polo menos, queda moito para aproximarnos a ese ideal; e que, a pesar dos argumentos conxunturais esgrimidos en cada época cara aos avances a prol da xustiza de xénero, a oposición de fondo reside na misoxinia imperante, nun sistema de dominación que chamamos “patriarcado”, contra o que, aínda na actualidade, debemos enfrontarnos nos ámbitos máis diversos da nosa vida individual e colectiva.

Tradución de María Reimóndez.

340 páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou desde a páxina web da editorial.