Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Así é a ditadura
Difundir o artigo en Cabozo

Así é a ditadura


Autor
Equipo Plantel; Mikel Casal (ilustracións)
Ano
2018
Referencia
978 84 945917 5 4
ISBN
978 84 945917 5 4
Idade
De 6 a 16 anos
PVP rec.
14,00 €
Valoración
0 puntos

Este libro fai parte dunha colección de catro títulos pensada para os lectores máis novos que publicou entre os anos 1977 e 1978 a editorial barcelonesa La Gaya Ciencia.O ditador Franco morrera só un par de anos antes e o país estaba a vivir unha etapa —a Transición— que achegaría os primeiros cambios democráticos.

Xa pasaron case corenta anos desde aquela e pensamos que o espírito e a maior parte da letra deste libro está completamente vixente, polo que decidimos volver editalo con novas ilustracións.Dos textos unicamente tocamos algunha coma (así que non podemos dicir que non tocamos nin unha coma), pero non lle suprimimos nin engadimos nada ao seu contido.

No esencial, as ideas e os comentarios son perfectamente válidos, o mesmo que acontece co test, que tamén reproducimos sen alteracións. Convidamos a todos os lectores a o contestar.

48 páxinas; tapa dura



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.