Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Ti non es de aquí?
Difundir o artigo en Cabozo

Ti non es de aquí?


Empresa
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
nonesdeaquixunior
Idade
De 8 a 12 anos
PVP rec.
41,95 €
Valoración
0 puntos


TI NON ES DE AQUÍ? edición Xúnior é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia/Galiza e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas: 1. lingua; 2. ciencias, xeografía, recursos; 3. historia, patrimonio, tradicións, persoeiros, e 4. cultura xeral, actualidade. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País. O xogo combina as preguntas con mini-retos que van poñer a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo.

OBXECTIVO DO XOGO 
Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro respondendo atinadamente as tarxetas-pregunta e superando os retos (probas) e/ou mini-xogos que no transcurso da partida vaian xurdindo.

DESTINATARIOS/AS DO XOGO 
TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para crianzas de 8/9 anos en diante cuns coñecementos culturais básicos sobre Galicia e a cultura en xeral. Poderán xogar nenos e nenas a partires dos 4 anos de idade aínda que o ideal sexa o alumnado dende 3º de Primaria en diante. 

Dimensións da caixa: 235x235x70mm.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en tendas ozoqueiras e mais na tenda en liña.



Galería