Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Doce lúas
Difundir o artigo en Cabozo

Doce lúas


Autor
Héctor Pose / Alberto Rodríguez Fariña
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-8494137990
ISBN
978-8494137990
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Un novel licenciado en Farmacia arriba desde o sur a unha vila mariñeira. Mocea, casa e comeza un proxecto vital. Viven das crebas que o mar deita no areal. Mais o infortunio chega nunha marea para tronzar a felicidade da familia. Un galeno local receita baños de sol e mar no Atlántico para a filla adolescente. Certo día de calma chicha, unha manda de arroaces achégase ao áxil nadar da cativa e esta vira o sentido da súa derrota fuxindo pola escorrentía cara ao horizonte.
Doce lúas é o diario dun home que decide encasar e outear meditativo o mundo que o rodea. Un ano escrito desde o descarnado sentir.

Textos de Héctor Pose (Malpica, 1964) e imaxes de Alberto Rguez. Fariña (Malpica, 1983) que maridan con sutil elegancia para descifrar o convivir en contextos miúdos onde a identidade, os patrimonios, a paisaxe e a condición humana revelan aspectos da face que nos compón e define. A experiencia do tempo que vive o ser, escrita como se a existencia pedise un haikai para cada instante.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.