Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O espello
Difundir o artigo en Cabozo

O espello


O espello
Etiquetas
Autor
Brazolinda
Empresa
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
oEspello
Idade
De 5 a 10 anos
PVP rec.
35,00 €
Valoración
0 puntos

Finalidade do xogo

  • Por quendas, os xogadores terán que dar indicacións para facer un mundo de debuxos nun papel. Os dous teñen que facer o mesmo debuxo pero sen ver o do compañeiro, pois estarán separados por unha tea. Cantos máis detalles dean, máis se parecerán cando os comparen ó final do xogo. Poden mandar facer "unha árbore" ou dicir que "a árbore vai no lado dereito e ten o tronco alto e delgado e unha copa grande e redonda", por exemplo.
  • Ademais, cando eles queiran, poderán poñer en xogo unhas cartas coas que terán que facer un debuxo cos ollos pechados, do revés ou só con figuras xeométricas, entre outras. Tamén terán 30 cartas tema que servirán de axuda para guiar a escena (o mundo dos insectos, o fondo do mar, travesía polo deserto...).

Obxetivo educativo
  • Aprender a expresar o que un ten en mente, fixarse nos detalles, situar no espazo as cousas, manexar vocabulario... son os obxectivos deste xogo chamado "O espello".



Onde conseguir esta proposta

Na tenda en liña de Brazolinda, nos puntos de venda indicados no web ou en feiras de artesanía e de produtos culturais e educativos.