Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Mapa ecosocial de Galicia
Difundir o artigo en Cabozo

Mapa ecosocial de Galicia


Autor
Rebeca Fernández Hermo / Xosé Veiras García
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
978-84-949154-2-0
ISBN
978-84-949154-2-0
Idade
+18 anos
PVP rec.
22,50 €
Valoración
0 puntos

Para entender a situación actual de Galicia e cara a onde nos diriximos, cómpre avaliar moitos aspectos sociais e ecolóxicos que decote se supeditan aos sacrosantos datos económicos. O obxectivo desta obra é trazar un mapa ecosocial da nosa terra. Fai unha fotografía actual, para coñecer o contexto e determinar cales son os eidos nos que debemos avanzar para conseguir unha sociedade máis xusta, equitativa e respectuosa co medio.

Este libro é o traballo conxunto dunha xornalista (Rebeca Fernández Hermo) e dun biólogo (Xosé Veiras García). Ambos os dous están moi implicados desde hai anos na defensa do patrimonio natural e da transformación social do país. A obra permítenos retratar as dúas crises que debemos afrontar como sociedade: a crise ecolóxica (o cambio climático, a crise da biodiversidade, o esgotamento dos recursos enerxéticos, os incendios forestais etc.) e a crise social (de desigualdade, de coidados, de calidade de vida etc.).

Cada capítulo vén ademais con infografías e cun cadro de boas prácticas que recolle proxectos e iniciativas que xa están a traballar nas posibles solucións.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.