Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Santiago de Compostela desde dentro
Difundir o artigo en Cabozo

Santiago de Compostela desde dentro


Autor
Marilar Aleixandre
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
978-84-16460-62-5
ISBN
978-84-16460-62-5
Idade
De 15 a +18 anos
PVP rec.
14,90 €
Valoración
0 puntos

Seguindo a liña doutras guías sensibles e respectuosas coa contorna que viron a luz nos últimos anos en varias cidades de Europa, Alvarellos Editora publica Santiago de Compostela desde dentro, de Marilar Aleixandre. 


Unha guía alternativa, sensible, ecolóxica, feminista e literaria de Compostela.É outra forma de descubrir unha cidade. De percorrela, sentila e apreciala. Esta guía ilustrada convida a coñecer Santiago de Compostela dun xeito diferente.

Unha proposta para viaxeiras e viaxeiros sensibles, que queiran tanto gozar como aprender, ou gozar aprendendo.A prestixiosa e premiada escritora e académica Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) lévanos da man polos territorios máis amenos desta capital de Galicia, mais tamén transita polas paisaxes da imaxinación.Deste xeito, apalparemos a pedra, escoitaremos a natureza, camiñaremos –entre rúas e bosques– a carón deRosalía de Castro, Federico García Lorca ou Ramón del Valle-Inclán, e sairán ao paso as mil historias que foron construíndo Compostela.

A autora traza Nove Visitas Singulares e logo Catro Itinerarios moi sedutores, un Territorio das mulleres e un Calendario de Árbores, Flores e Festas. Ademais, consellos prácticos sobre onde comer ou que doces ou artesanía mercar.


Santiago de Compostela desde dentro é a primeira guía sensible, íntima, diferente, desta sempre viva e nova cidade medieval.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.