Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Difundir o artigo en Cabozo

900


Etiquetas
Autor
Xabier López López
Categoría/s:
Ano
2019
Referencia
978-84-9151-389-6
ISBN
978-84-9151-389-6
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Coa primeira metade do século XX como pano de fondo, 900 é unha descomunal e estimulante novela na que, co pretexto de relatar a decadencia dun modo de vida e dun tempo que chega á súa fin, se nos ofrece todo un banquete literario. Nas súas páxinas e nos múltiples escenarios polos que transita, dende un pazo das rías á Compostela universitaria, pasando polo Madrid da bohemia literaria e mesmo polo Flandres da Primeira Guerra Mundial, o lector pode atopar non só unha aparente novela histórica senón tamén unha novela bélica, unha novela bizantina, unha novela de iniciación, unha estudantina, un Künstlerroman, mesmo unha novela erótica, unha policial e, por se iso fose pouco, o que parece unha novela de fantasmas.

Fascinante parodia das novelas-elexía sobre a fidalguía rural galega, 900 segue o camiño de tres mozos de procedencia diversa: o indeciso herdeiro duns fidalgos, o talentoso fillo dun industrial e o último e concupiscente vástago dunha estirpe de avogados. A través das súas peripecias coñecemos as circunstancias que nalgún momento han acabar por configurar, queirámolo ou non, a sociedade actual.

904 páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.