Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Dúas letras
Difundir o artigo en Cabozo

Dúas letras


Etiquetas
Autor
Fina Casalderrey Fraga e Eloi Varela Caseiro
Ano
2012
Referencia
978-84-9865-432-5
ISBN
978-84-9865-432-5
Idade
+18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Dúas letras

Esta edición inclúe o DVD (cos seus extras en forma de entrevistas con director, guionista, primeira actriz, making off, localizacións…), o texto literario, e dous traballos sobre a emigración galega a América, a cargo de Víctor F. Freixanes, e outro sobre a correspondencia entre as dúas beiras atlánticas escrito por Francisco Castro.
Dúas letras gravita en torno a carta que non dá chegado, a misiva do fillo que está na emigración, pelexando co destino e a sorte, e a nai que espera a chegada da carta que lle dará, ademais de novas, algo de esperanza. Os autores foron quen de construir unha historia visualmente moi poderosa, rodada en branco e negro para suliñar a viaxe no tempo que nos propón, chea de tenrura e dureza. Un poema cinematográfico que está a engaiolar alí onde é representada.
A xeira de recoñecementos comezaba no Festival de Cine de Bueu-2011, onde era galardoada co Premio do Público. No 2012 recibiu o premio á mellor curta de ficción no Festival Primavera do Cine de Vigo e, no cada día máis prestixioso festival de Cans, Dúas letras obtiña tres premios dos grandes. Por unha banda, os veciños déronlle o premio como Mellor Curtametraxe de Ficción, segundo recolle a acta: "porque é unha historia do mundo rural moi próxima coa que todos nos sentimos identificados. Tamén pola súa delicadeza ao presentar o sufrimento dunha nai que espera as cartas do seu fillo e porque todos coñecemos a historia dunha carta que estivemos esperando e nunca chegou". Igualmente, recibiu o premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e, para rematar, un dos máis cobizados: o Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado co Can de Pedra a Teresa Fraga, a protagonista. Segundo sinalou o xurado: "por ser un traballo veraz e emotivo. Nunca unha carta non escrita foi tan ben lida".



Onde conseguir esta proposta

Á venda en todas as librerías