Galletas mariñeiras Daveiga

As galletas mariñeiras, tamén chamadas PAN MARIÑEIRO, PAN DE BARCO ou BISCOITO DE BARCO, foron a solución para o abastecemento de pan aos grandes navíos desde o século XV, dado que, un pan sen humidade, era a única forma de conservar o pan nas longas travesías, de forma natural. Chegaron a América do Sur nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos países sudamericanos.
Un proceso de elaboración semi-artesanal e a utilización de materias primas naturais permítenos presentar un produto cunhas características físicas, sensoriais e organolépticas totalmente diferenciado de outros produtos presentes no mercado.
As Galletas Mariñeiras son un produto alimentario de longa duración, substitutivo do pan fresco, do pan torrado, do pan de molde, das galletas doces e da bolería, para acompañar os almorzos, as comidas ou as merendas.
Axeitadas para petiscar a calquera hora: soas, no almorzo, como base para sobremesas, como aperitivo para a preparación de todo tipo de petiscos ou canapés.
Variedades

Galletas mariñeiras con manteiga especial canapés
Galletas mariñeiras con manteiga clásicas
Galletas mariñeiras con manteiga sen sal
Galletas mariñeiras con aceite de oliva virxe extra
Galletas mariñeiras con aceite de oliva virxe extra integrais
Galletas mariñeiras ecolóxicas con aceite de oliva virxe clásicas (2.89 €)
Galletas mariñeiras ecolóxicas con aceite de oliva virxe especial canapés
Galletas mariñeiras ecolóxicas con aceite de oliva virxe con alga Wakame
DAVEIGA produción responsable
Polígono industrial de Chantada
27500 Chantada (Lugo)
Tel. 982 440 222
Onde conseguir esta proposta
Podes atopar estas galletas en diversas tendas e áreas comerciais (Carrefour, Eroski, Gadis, Froiz, El Corte Inglés. Tandy, Aquí, Pinchaprecios, Claudio, Coviran, Merca Mas) e tendas especializadas: Froiterías, herboristerías, delicatessen e de produtos ecolóxicos.