Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » PEREGRINUS. Xogo de misterio e estratexia
Difundir o artigo en Cabozo

PEREGRINUS. Xogo de misterio e estratexia


Empresa
Categoría/s:
Referencia
Peregrinus
Idade
De 6 a +18 anos
PVP rec.
29,90 €
Valoración
4 puntos

IDADE ACONSELLADA: 6-99 anos
NÚMERO XOGADORES: 2-6

DESCRICIÓN: Os/as xogadores/as serán peregrinos/as que se perderon nun bosque encantado. Para atopar a saída terán que xuntar os amuletos máxicos que custodian a Meiga, a Moura e o Lobishome nos seus acochos, pero..., coidado! Un dos xogadores en realidade é a Santa Compaña, que disfrazada de peregrino, procurará sabotar a busca dos seus compañeiros e convertelos nun dos seus aliados.

PEREGRINUS é un xogo dinámico e entretido, no que a sorte, o xogo en equipo, a intuición e a estratexia serán na mesma medida necesarios para descubrir perigos, atopar os amuletos correctos, deixar o bosque encantado antes de ser atrapado pola Santa Compaña e chegar a Santiago. Así que, atrevédesvos a entrar no bosque encantado?



Onde conseguir esta proposta

Dado que Galileo Nenos non está en activo, este xogo só se pode conseguir en xoguetarías e librarías que aínda o teñan en stock.



Galería