Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Ola, Ola, La!
Difundir o artigo en Cabozo

Ola, Ola, La!


Ola, Ola, La!
Autor
Mamá Cabra
Empresa
Categoría/s:
Ano
2010
Referencia
978-84-9865-307-6
ISBN
978-84-9865-307-6
Idade
De 0 a 10 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Galaxia iniciou unha colección para achegar a música aos máis pequechos e pequechas da casa: Sonárbore. E arrancou nin máis nin menos que cun librodisco do grupo galego de moda, unha formación que non precisa presentación, Mamá Cabra.

Ola, ola, la! é moito máis ca un libro, pois ten un CD de música para que cantes coas Mamá Cabra, pero tamén para que cantes ti só e, por outra banda, un DVD-Karaoke para que aprendas as cancións e poidas cantalas na compaña dos músicos da banda. Polo medio, un sorprendente conto de Gloria Sánchez. Todo vai ilustrado pola man sabia de Kristina Sabaite.

Unha aposta musical para quen gosta da electricidade máis rítmica a dar voltas polo corpo.

Aquí podes ver o videoclip dunha das cancións >



Onde conseguir esta proposta

Este libro-disco está á venda en todas as librarías.
Tes máis información sobre a colección completa aquí >