A Berenguela
Un novo achegamento, dende a música e a voz, a unha das obras importantes de Manuel María.
A Berenguela é unha das obras de teatro infantil máis coñecidas de Manuel María, o autor a quen en 2016 se lle dedica o Día das Letras Galegas. Dende a Editorial Galaxia pensamos en facer un achegamento algo diferente aos máis habituais, así que publicamos este libro pero acompañado nun CD no que o gran compositor galego Nani García nos demostra a grandeza do seu talento acompañado da voz, xa habitual noutras producións da nosa editorial e no mundo teatral galego, de María Inés Cuadrado.
Para poñerlle a guinda ao pastel necesitábase un ilustrador de altura, e ese non podía ser outro que Miguelanxo Prado.
Un mollo de artistas de talento (máis o limiar doutro grande da literatura galega como Francisco Fernández Naval) para unha obra talentosa.
Horas de lecer. Lendo. Ou escoitando…
32 páx. Cartoné
Onde conseguir esta proposta
Esta obra pódese mercar en librarías. +Info: http://editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010340111