María e mais eu
Neste libro, Miguel Gallardo, afeito a se comunicar visualmente coa súa filla María, quere compartilo cos seus lectores coma se nós fósemos ela e a través dos seus debuxos entendamos a súa mensaxe sinxela e breve dunha maneira inequívoca.
Un grande atractivo deste libro é que corrixe moitos tópicos sobre os nenos con autismo, unha síndrome que se diagnostica cada vez con maior frecuencia. María non é tan distante nin tan fría, senón emocional, afectuosa, alén das peculiaridades do trastorno que padece. Todo o que María fai ten un significado para ela. Nós tamén podemos facer máis feliz a María e a todos os nenos coma ela, sinxelamente aceptándoa tal como é: única, coma todos os demais.
(Amaya Hervas Zúñiga,
psiquiatra infanto-xuvenil)
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías especializadas en banda deseñada e na tenda en liña da editorial.