Póster para colorear País das Letras
A Mesa pola Normalización Linguística quere contribuír a ofrecer materiais para o público infantil e xuvenil en galego. Para isto, editamos o póster xigante para colorear País das Letras. Acompáñase dun despregábel con información para que mentres pinten busquen as escritoras, escritores e personaxes literarias do País das Letras.
Este material ten como obxectivos divulgar a cultura, historia e a lingua de Galiza, fomentar a lectura en lingua galega para avanzarmos no proceso de normalización linguística, difundir a literatura galega entre a xente nova e proporcionar materiais atractivos en galego.
Dimensións: 100 x 70 cm
Ilustración: Miguel Cuba Taboada
Tamén hai unha lámina xa coloreada coas seguintes medidas: 49 x 70 cm. Tamén inclúe un despregábel con información de escritoras, escritores e personaxes literarias.
Onde conseguir esta proposta
Á venda na tenda en liña d'A Mesa.