Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Axenda Deusa Feminista 2019
Difundir o artigo en Cabozo

Axenda Deusa Feminista 2019


Axenda Meiga Feminista 2018
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
axendadeusa2019
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
19,90 €
Valoración
0 puntos

A axenda feminista do vindeiro 2019 recibe o nome de DEUSA. A diferenza da axenda de 2018 está máis focalizada nos poderes naturais da muller: a súa condición cíclica, a menstruación, o culto das sociedades antigas a distintas deidades femininas, recuperación de rituais etc. Ademais, o deseño está totalmente renovado, cambiamos as frases e os contidos. Se che gustou a de 2018, a nova encantarache!

Vai do 1 de xaneiro ata o 31 de decembro. Cada mes do ano está dedicado a unha deusa que se ocupa dunha necesidade ou dereito concreto da muller actual: deusa do libre aborto, deusa da libre sexualidade, deusa do amor propio etc. Tamén repasamos as principais Deusas-Nai do mundo antigo e outros símbolos de poder da muller.



Onde conseguir esta proposta

Á venda na tenda en liña de Morgana e Fillas.



Galería