Deixe a súa mensaxe despois do sinal
Etiquetas
Autor
Arantza Portabales
Empresa
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9151-081-9
ISBN
978-84-9151-081-9
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
18,55 €
Valoración
0 puntos
As historias poden contarse de moitas formas.
Mais poucas tan orixinais coma esta, deslumbrante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo.
Un mollo de voces que deixan mensaxes nun contestador. Historias de moitas almas que imos construíndo a medida que escoitamos o que se deixa nun aparello, frío, que, con todo, está cheo de vida, das vidas, as que a autora fai brillar cun lume de palabras que non vai deixarnos indiferentes
Detalles
- Páxinas: 324
- Deseño: Rústica con lapelas
- Dimensións: 135 x 210
- Colección: Literaria
Arantza Portabales
(San Sebastián, 1973) Filla de emigrantes galegos, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia. Iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato. Participou en libros colectivos como 40 plumas e pico, As palabras contadas, Lecturas d'Espagne, volume 2, Purorrelato de Casa África, volume 2 e Escribo 3. Regularmente escribe microficción en http://unanubedehistorias.blogspot.com.es/. En outubro de 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos: A Celeste la comprá en un rastrillo.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.