Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A evolución de Calpurnia Tate
Difundir o artigo en Cabozo

A evolución de Calpurnia Tate


A evolución de Calpurnia Tate
Autor
Jaqueline Kelly
Empresa
Categoría/s:
Referencia
978-84-16721-16-0
ISBN
978-84-16721-16-0
Idade
De 7 a 14 anos
PVP rec.
18,00 €
Valoración
0 puntos

Tradución de Carlos Acevedo
Ilustracións e portada de April Ward

A evolución de Calpurnia Tate
conta a historia dunha nena de case 12 anos -a máis nova de sete irmáns- no seo dunha familia acomodada nunha pequena vila de Texas. Investigando nos libros da biblioteca e facendo ensaios nun pequeno laboratorio, achegarase á figura e aos descubrimentos revolucionarios de Charles Darwin. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista.

Trátase dunha novela xuvenil, extensible ao interese dos lectores adultos, polo que se axusta ao concepto actual de crossover. Transcorre no ano 1899, unha época en que as nenas eran educadas para seren señoritas de boas maneiras e desenvolverse unicamente no fogar: cociñar, coser e limpar a casa eran as principais obrigas das mulleres nunha sociedade na que o máis ocioso que se lles reservaba era tocar o piano e comportarse con rigorosa corrección.

A inconformista Calpurnia rebélase contra ese destino predeterminado para buscar a súa propia identidade e formarse segundo as súas inquedanzas intelectuais e científicas: ir ao río, observar a natureza e recoller mostras que logo analizará coa axuda do seu avó librepensador, o único familiar que apoia a súa curiosidade polo mundo e que lle obsequia un exemplar de A orixe das especies e un caderno para que aprenda a aplicar o método científico ás súas observacións.

Obra galardoada en 2010 co Premio Newbery Honor e co Bank Street-Josette Frank Award.
Elixida mellor tradución de LIX no 2013 a través do portal Fervenzas Literarias.

A historia de Calpurnia contunúa en O curioso mundo de Calpurnia Tate.

Características: encadernación rústica, 13x20 cm, 376 páx.




Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e en liña aquí.