Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » É a Lúa que baila... María Victoria Moreno e a...
Difundir o artigo en Cabozo

É a Lúa que baila... María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca


Autor
María Victoria Moreno
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
978-84-9151-159-5
ISBN
978-84-9151-159-5
Idade
De 16 a +18 anos
Valoración
5 puntos

É a Lúa que baila... María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca

Este novo libro ten como protagonista a faceta filolóxica, lectora e investigadora de María Victoria Moreno, e está presidido por “«Danza da lúa en Santiago». Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego”, un estudo publicado orixinalmente no ano 1985 na revista madrileña de estudos galegos Madrygal. O volume  inclúe tamén os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, un anexo con comentarios de María Victoria Moreno á “Cantiga do neno da tenda” e un minucioso estudo introdutorio da man do académico e profesor Xesús Alonso Montero, que se sitúa xa como unha referencia no estudo da escrita de María Victoria Moreno.

Un volume singular e ata o de agora inédito da obra de María Victoria Moreno publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Consorcio de Santiago.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou aquí.