Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Por que non aprendo?
Difundir o artigo en Cabozo

Por que non aprendo?


Autor
Silvia Caride López
Categoría/s:
Ano
2010
Referencia
978-84-9865-257-4
ISBN
978-84-9865-257-4
Idade
+18 anos
PVP rec.
12,50 €
Valoración
0 puntos

As dificultades de aprendizaxe. Como podo axudar o meu fillo/a.

Por que non aprendo é un libro escrito cun afán eminentemente práctico, nunha linguaxe accesible e con vocación de servir de axuda a todos aqueles (pais, nais, profesionais do ensino, orientadores…) que queren enfrontarse á problemática das dificultades de aprendizaxe.

Cun estilo claramente didáctico, procurando a sinxeleza e evitando a terminoloxía especializada, Silvia Caride López explícanos como podemos axudar os nosos fillos/as en todo o que teña que ver coa súa aprendizaxe. A autora recorre a casos concretos e á súa experiencia profesional para mergullarnos nun camiño que conduce directamente ao fin que moitos pais e nais perseguen: axudar os seus nenos e nenas no camiño longo da educación. Porque cando hai unha dificultade de aprendizaxe non hai que desesperarse, senón atopar os vieiros para a súa solución.

Volume terceiro da Biblioteca de Intervención Social/Didáctica.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e aquí.