Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Unha breve historia do tempo
Difundir o artigo en Cabozo

Unha breve historia do tempo


Unha breve historia do tempo
Etiquetas
Autor
Stephen Hawking
Empresa
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
978-84-16954-92-6
ISBN
978-84-16954-92-6
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Tradución de Jorge Mira

Prólogos de José Edelstein e Jorge Mira

Os clásicos —da literatura e a ciencia, da pintura, da música...— provocan tan intensa sensación de inexorabilidade, tal certeza de que tarde ou cedo serían escritos, pintados ou compostos, que un mundo sen eles resulta inconcibible. É coma se sempre exis­tisen. Malia recoñecerlles unha data de nacemento, persiste a sospeita de que xa estaban alí e os seus creadores apenas se limitaron a escribir, pintar ou compoñer sobre trazos preexistentes. Rozan cotas de perfección que as fan case inhumanas e constitúen puntos de inflexión na histo­ria da cultura que xeran novos paradigma.

Este é o caso d’Unha breve historia do tempo, unha obra fundacional, que semella non beber de fonte algunha nin estar contaminada pola influencia de textos anteriores; unha obra na que Stephen Hawking senta as bases do que habería de ser a divulgación científica para centos de libros posteriores, tanto polo estilo e a ousadía de escribir nunha linguaxe accesible sobre conceptos moi abstractos da física de fronteira como polo sinal que deixou sobre moitos outros físicos profesionais. Ninguén mellor ca Hawking para afrontar o desafío de escribir a maior e máis enigmática das biografías: a do Universo observable; do nacemento, o devir e a morte do espazo-tempo. Lonxe de facelo como un historiador fóra de escena, que coñece todos os detalles e se limita a expoñelos con erudi­ción, Hawking detense fronte ás preguntas máis perentorias e difíciles, debullándoas con profunda intelixencia e xuvenil desenvoltura: como naceu o tempo? Por que o Universo ten estrutura? Que ocorre con aquilo que cae nos buratos negros?

No ano do falecemento de Hawking, a colección «Clásicos do Pensamento Universal» enriquécese incorporando á lingua galega un dos textos fundamentais da ciencia de todos os tempos, que foi, ademais, un dos célebres best-sellers do século xx.

Tamaño: 170 mm x 240 mm
Páxinas: 296



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e tamén en liña.