Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » E fixemos a luz!
Difundir o artigo en Cabozo

E fixemos a luz!


Etiquetas
Autor
Salvador Bará
Empresa
Categoría/s:
Ano
2015
Referencia
978-84-16533-54-1
ISBN
978-84-16533-54-1
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
10,00 €
Valoración
0 puntos

Poucos fenómenos naturais teñen tanto poder de estimular a imaxinación e a creatividade da humanidade como a luz. A luz estivo na cerna de todas as revolucións científicas, pois o noso Universo non se comprende sen ela. Nestas páxinas atoparás algúns triscos da súa historia, resóns da vida das persoas que nos axudaron a coñecela e balbordos das controversias que provocou. Tamén terás noticia dalgunhas das súas aplicacións máis recentes, e dos problemas e interrogantes que o seu uso suscita. Unha pequena xanela aberta, nada máis: o inmenso e  marabilloso mundo da luz non cabe en ningún contedor de escala humana. Esta obra é igualmente un contributo ás actividades realizadas en Galicia con motivo do Ano Internacional da Luz 2015 e súmase así a un extenso conxunto de iniciativas desenvolvidas polo Comité Galego do AIL.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na páxina web do Servizo de Publicacións da USC.