Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Vermella
Difundir o artigo en Cabozo

Vermella


Autor
Sabela Losada Cortizas / Minia Regos (ilustracións)
Empresa
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
9788499952987
ISBN
9788499952987
Idade
De 6 a 12 anos
PVP rec.
13,00 €
Valoración
0 puntos

Vermella saca á luz un tema tabú e pouco tratado na literatura infantil, como é o da menstruación desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte da rapazada protagonista. Igualmente, a historia consegue manter a súa intriga, mesmo coa axuda de trazos do humor natural característico do mundo infantil, na procura da orixe do móbil da investigación, que lle dá sentido á trama e que ten que ver coa propia e progresiva descuberta do corpo da nena. 

Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso… Foi un accidente? Quen é a vítima? Serán quen de resolveren este enigma?

26 páxinas

Obra gañador ex aequo do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2018).



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.