Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A reconquista
Difundir o artigo en Cabozo

A reconquista


Autor
Antía Yáñez
Empresa
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
9788499952970
ISBN
9788499952970
Idade
De 6 a 12 anos
PVP rec.
13,00 €
Valoración
0 puntos

A reconquista resolve acertadamente a ocupación do espazo central, o liderado feminino e a solidariedade. Ademais, a combinación de dúas voces narrativas diferentes, que aluden ao humano e animal, e ao ámbito da ficción e do libro divulgativo, fan da obra unha proposta literaria moi atractiva e interesante para as nenas e para os nenos, tamén por ser un exemplo de resolución positiva dos conflitos que xorden no propio contorno. 

No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamente se converte nun tsunami de solidariedade.

26 páxinas
Obra gañadora ex aequo do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2018)



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.