Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Conciencia máxica de ser anfibio
Difundir o artigo en Cabozo

Conciencia máxica de ser anfibio


Etiquetas
Autor
Mercé Barrientos
Empresa
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
978-84-09-00151-4
ISBN
978-84-09-00151-4
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
12,95 €
Valoración
0 puntos

O escrito é o produto da conciencia de vir de dous mundos: o do mar e o da aldea. Estes dous oníricos mundos están personalizados polos antergos. Polo avó que coñecín, o home libre. Un daqueles homes de ferro en barcos de madeira, gran amante do mar e que personaliza canto a nena que se agocha no libro aprendeu do amor e da tenrura, dos misterios do mar e a súa beleza. Un outro mundo deste ser anfibio é o da aldea. O da bisavoa e as avoas, auténticas viúvas de vivos, sempre de negro. Mulleres fortes e rexas que sacaron adiante aos fillos nos anos negros da fame. Sacáronos adiante con man de ferro e verbas duras coma seixos, grandes como penedos. Amazonas auténticas ás que non lles quedaron folgos para a tenrura. So dignidade, traballo e loita. Os nenos da Camposa eramos os desposuídos e orfos fillos do vento. Unha caste de farrapentos intocables. Os nus pés, feridos pola pedras da ribeira; os ollos, proendo polos salseiros e o solpor, e os cabelos, enleados polo vento. Así retabamos, destemidos, aos tombos do Coído. Sobre a pel, o perpetuo zoar do Nordés. Así e todo, na miseria, eramos soberbiamente ricos de todas aquelas cousas que, por dereito, eran nosas.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.