Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Ceos galegos 2019
Difundir o artigo en Cabozo

Ceos galegos 2019


Etiquetas
Autor
Ceos galegos
Empresa
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
ceosgalegos
Idade
De 0 a +18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Un calendario de gran formato editado profesionalmente con imaxes dos mellores fotógrafos galegos da noite ou, cando menos, feitas en Galicia. Ao longo das súas 14 páxinas percorremos paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica de ceo fondo. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes.

O calendario astronómico é un proxecto de calidade que vale tanto para regalar como para ter en casa e consultar ou usar como axenda. Compleméntase con esta web que publica periodicamente imaxes comentadas, realiza concursos e promove todo tipo de actividades de comunicación social da ciencia.

Características técnicas
O calendario astronómico ten as seguintes características:

  • portada con contraportada, 12 páxinas para os meses e cartón protector
  • impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
  • tamaño de 48 x 34 cm, coas fotografías a sangue ocupando máis das tres cuartas partes do papel    
  • os fotógrafos escollidos están entre o mellor do panorama galego de fotografía nocturna e astronómica, tanto afeccionados coma profesionais
  • efemérides astronómicas galegas, fases lunares e directorio de entidades astronómicas  
  • presentación a mes visto, con espazo para anotacións
Prezo unitario de 20 euros (para pedidos de cando menos dous almanaques).



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías (consúltese a listaxe aquí) e na páxina web do proxecto.