Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O Nadal de Ernesto e Celestina
Difundir o artigo en Cabozo

O Nadal de Ernesto e Celestina


Etiquetas
Autor
Grabielle Vincent
Empresa
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
978-84-8464-418-7
ISBN
978-84-8464-418-7
Idade
De 3 a 6 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Para celebrar o Nadal abonda con ter tanto entusiasmo e imaxinación como Celestina; non como o seu amigo Ernesto -máis preocupado polo frío do inverno- que non está por cumprir a súa promesa de organizar unha festa co pretexto de que habería que gastar uns cartos que non teñen. Pero malia as momentáneas decepcións, Celestina sempre sae coa súa; Ernesto é tan xeneroso e boíño, que –deixando a un lado o seu carácter racional- accede a axudala para que non se desguste.

Porque na axuda mutua está a clave desta historia entrañable e tenra: xuntos van buscar ao bosque canto precisan para adornar o seu humilde fogar, xuntos confeccionan debuxos, un cociña mentres a outra envolve os sinxellos agasallos que prepararon. E inesperadamente, descubriremos a un pícaro Ernesto tomando a iniciativa para sorprender os asistentes e a propia Celestina, convirténdose na alma dunha festa de Nadal inesquecible.

40 páxinas; encadernado en cartoné.
Tradución de Támara Andrés.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.