Astro-Rato e Lampadiña. Parece que orballa!
Astro-Rato leva tanto tempo viaxando polo espazo que xa esqueceu a súa misión. Menos mal que aí está Lampadiña para lembrarlle os seus deberes. Viaxa cos nosos heroes polos planetas máis estraños da galaxia, afrontando ameazas tan espantosas como o Monstro Ciclópeo, os habitantes do planeta Chiklón ou Patacator.
Con esta disparatada aventura comeza a publicación en galego desta exitosa serie infantil de Fermín Solís —autor xa coñecido polos nosos lectores, adultos e cativos—, publicada agora nunha edición especial para coleccionistas, cun novo deseño e incluíndo fotos inéditas de Astro-Rato, un xogo despregable e debuxos para colorear.
Volume número 1.
Volume número 2, aquí.
60 páxinas
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.