Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Eu son Suleimán
Difundir o artigo en Cabozo

Eu son Suleimán


Autor
Antonio Lozano
Empresa
Categoría/s:
Ano
2015
Referencia
978-84-16721-06-1
ISBN
978-84-16721-06-1
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
0 puntos

Eu son Suleimán. Non te preocupes se non te lembras de min, se non te lembras de que me coñeces: aquí, ninguén me coñece. A miúdo sinto que son invisible, pero non, non o son.
Aínda que ás veces me gustaría ser invisible. Moito. Por exemplo, cando baixei do caiuco que me trouxo ata a praia e descubrín que moitos brancos en traxe de baño, uns deitados na area, outros a xogar á pelota ou a correr pola beira, miraban para min asombrados, e desexei ser invisible.
Tamén cando me botei a correr coma un tolo para afastarme de todo aquilo, e máis aínda cando me decatei de que detrás de min corría un policía que ao final me pillou. Claro, estaba máis en forma ca min.
El non pasara oito días no caiuco, os tres últimos sen comer nin beber.
Sentinme moi canso e deixeime caer ao chan. Dixen para min: acabouse, Suleimán, vante matar aquí mesmo...

Tradución de Carlos Acevedo.

160 páxinas.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.