Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Vértice de versos
Difundir o artigo en Cabozo

Vértice de versos


Autor
Carlos Lorenzo
Empresa
Ano
2018
Referencia
verticedeversos
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Vértice de Versos é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia.

É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.

É a primeira vez que un documental se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.

Unha nutrida xeración de poetas de Galicia chaman a atención pola calidade das súas creacións. Moitos dos seus poemas traspasan as nosas fronteiras traducidos a outras linguas. Críticos, editores e o propio colectivo de escritores e escritoras explican o que pasou nos últimos 25 anos neste vértice xeográfico. Coñecer de preto a poetas como Yolanda Castaño, Baldo Ramos, Emma Pedreira ou Gonzalo Hermo axuda a comprender esta situación.

DVD apto para todos os públicos e especialmente recomendado para o fomento da igualdade.

Dúas versións:

  • DVD coa versión orixinal do documental, de 65 minutos de duración (15 euros).
  • DVD coa versión para o ensino, de 50 minutos de duración e con autorización ilimitada para proxección pública no contexto dunha aula (60 euros).



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e na páxina web do documental, sección Pedidos.